Deseño de madeira con identidade propia
Ebanistería e Carpintería Artística. Pezas únicas, feitas á medida e con carácter propio.
Imaxino, deseño e creo mobles, pezas e obras en madeira. Cada peza móntase contigo, a partir das túas ideas. Emprego técnicas tradicionais e modernas para conseguir unha marca distintiva de calidade.



Unha artesanía para crear coas túas mans
Aprendín este oficio dende rapaz e, co paso dos anos, converteuse no meu xeito de vida. Cada encargo é unha oportunidade para crear algo útil, fermoso e duradeiro. Traballo con madeira maciza, materiais nobres e deseños que respectan a historia e a función de cada obxecto.
Sexamos madeira
Os meus servizos abarcan desde mobles feitos á medida ata reformas completas de madeira. Non hai dous proxectos iguais: adapto cada solución ao espazo e ao estilo que buscas.

Deseño

Carpintería

Ebanistería

Talla
Deseño de mobles personalizados
Restauración de obras antigas
Instalación de carpintería de construción
Áreas de creación
Ademais de pedidos personalizados, tamén teño unha pequena colección de pezas únicas dispoñibles para a compra directa. Cada unha está feita co mesmo coidado e calidade que todo o demais que produzo.